No día de onte, 20 de abril, xa pecharon a praia do Matadero

Abril 21, 2010

Para que os habituais se vaian afacendo a idea e vai emigrando a outros lados- como xa fixeran ao comezo das obras no Orzán- puxeron vallas nos accesos á praia de Matadero.

E esta era a nova que saiu no Ideal Gallego.

Nova aparecida sobre o Castelo-protesta

Abril 13, 2010

Moita xente quedou a mirar para o castelo e foron tamén moitos os que asinaron a petición de paralización das obras. Pincha aquí para poder ver a nova aparecida no xornal.

Aquí podes ver un vídeo da xornada.

Protestas que continúan porque non nos dan razóns

Abril 10, 2010

Pasa o tempo e ningunha das administracións ás que acudimos- o Ministerio de Medio Ambiente, que inventou o proxecto, o Concello que o apoia e as Consellerías da Xunta que deberían velar polo Medio Ambiente e polos recursos marítimos- nos deron ningún tipo de resposta, ningunha xustificación destas obras. O silencio como forma de xestionar os asuntos para así non quedar pillados con declaracións contradictorias ou absurdas como cada vez que falaron desde que comezamos as nosas protestas. E namentras, o mar segue a tinguirse de branco. Por iso mañá domingo 12 de abril imos protestar de novo no paseo maritímo contra estas obras de recheo que ninguén pediu.

Ciber-protesta

Marzo 30, 2010

Se o venres pasado reunímonos unhas 50 persoas no Obelisco e recollemos preto de 200 firmas de apoio nas dúas horas que durou a protesta, agora decidimos usar a ciberprotesta como ferramenta de expresión do noso descontento. Ao pinchar a ligazónDefend-e as praias que tes na columna da dereita atoparás o formulario para protestarlle directamente a Dragados e ás administracións implicadas.

Despois do temporal, retomaron os traballos

Marzo 29, 2010

Esta é a nova que apareceu no xornal.

O mar non quere o recheo.

Marzo 27, 2010

Esta é a nova que no día de hoxe saiu publicada no Ideal Gallego:

El mal tiempo obliga a interrumpir el relleno de la playa del Orzán cuatro días después de su inicio

P. G. L. > A CORUÑA

El fuerte oleaje no permitió trabajar en el arenal y las máquinas estuvieron paradas todo el día pedro puig

Cuatro días después de que se iniciase el relleno de la playa del Orzán, el mal tiempo obligó ayer a paralizar temporalmente los trabajos para el aporte de áridos a través de la draga submarina situada a unos 500 metros de la costa. Según aclaró el jefe de Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, la obra se volverá a reactivar una vez “amaine el temporal”, para continuar después con las maniobras de bombeo de caolín durante toda la Semana Santa.

El plazo previsto por el Ministerio de Medio Ambiente para concluir la ampliación de Riazor, Orzán y el Matadero es de tres meses, para que puedan estar listas en San Juan. Eimil asegura que la posibilidad de que los trabajos se vean interrumpidos por fenómenos meteorológicos adversos como el de ayer “está contemplado en el proyecto definitivo de la obra”. Además, explica que el fuerte oleaje no afectará a los aportes de arena que se depositaron durante los últimos días en la orilla. Ler o resto desta entrada »

Resposta desde a Área de Medio Ambiente do Concello da Coruña a unha cidadá e contrarresposta

Marzo 25, 2010

> From: ayto@aytolacoruna.es
> To: —————@hotmail.com
> Subject: 010-Ayto
> Date: Wed, 24 Mar 2010 13:10:31 +0100
>
> En relación con su Petición de Información sobre la aportación de arena en las playas, desde esta Concejalía de Medio Ambiente le informo que, la importancia del relleno de la playa se basa en dos puntos importantes:
> 1) Es un sistema de prevención de riesgos, ante los posibles temporales que se puedan dar en la zona ( como ya sucedió en años pasados). Prevenir que el mar pueda llegar al Paseo Marítimo, como otras veces y de esta manera salvaguardar a los ciudadanos y tráfico de la zona.
> 2) Reposición de arena, por la pérdida habida en estos últimos años por acción del mar. Según estudios del Ministerio de Medio Ambiente se estima en un 20% la pérdida de superficie de arenales en toda España.
> Dentro de este apartado, decir que se incrementaría la superficie del arenal en un 40% aproximadamente mejorando el confort de los ciudadanos, permitiendo su uso también en invierno, como zona de aparcamiento y deportiva.
> Por último, decirle que el relleno de la playa llevaría consigo una disminución del talud actual que se da en la zona intermareal produciendo como efecto una mayor seguridad del bañista.
> Agradezco su colaboración, un saludo,
>
> Nieves Vázquez Novo
> Teniente de Alcalde. Responsable del Área de
> Medio Ambiente, Sostenibilidad y Movilidad.
>

No día de onte unha cidadá recibiu este mensaxe procedente da Teniente de Alcalde, Nieves Vázquez como resposta a unha consulta súa sobre as razóns que motivaron as obras de recheo. Trátase dun texto que merece certas consideracións.

En primeiro lugar, a responsable da área de medio ambiente fala de que se trata dun sistema de prevención de riscos contra os temporais e que a obra vai da unha maior seguridade aos bañistas. Se estas declaracións se basean nalgún estudio, sería interesante que o fixese público, xa que cando nos achegamos ata as oficinas desa área do Concello nos dixeron que non tiñan ningún tipo de documentación. Tamén lle remitimos hai máis de 20 días unha petición de información e de intervención que en ningún momento respostou. Daquela, agradeceríamos se puidesen publicar unha versión dixital deses documentos nos que se basea na web do Concello, de modo que estea a disposición de tod@s @s coruñeses.

Polo momento, nós seguimos a plantexar as mesmas dúbidas, porque non aceptamos o que se está a facer: que Concello e Ministerio de Medio Ambiente dean por incuestionables algunhas afirmacións que despois non se basean en estudios que estean incluidos no expediente da obra. De verdade que a señora Vázquez Novo está en condicións de dicir que haberá máis seguridade para os bañistas? Non haberá cambio de correntes, nin en inverno nin en verán? Pode confirma-lo baseándose nalgún estudio? Ao achegar a liña de costa aos baixos rochosos de Riazor, non perderemos esa forma de protección natural e non resultará máis molesto para os usuarios que queiran nadar sen afastarse da beiramar?

Por que o mar non tirou nunca coa barandilla metálica da Coraza por moito que bata alí o mar e por moito tempo que leve? Nós non estamos a pedir que desde o Concello se faga unha declaración ao respecto dos fallos de construcción do paseo marítimo, senón que o Concello non plantexe problemas falsos e que busque solucións que sexan mediambientalmente válidas. O recheo non o é.

A segunda razón que expón Nieves Vázquez para xustificar os recheos tamén carece de fundamento. Desta volta o propio proxecto inicial, así como unhas declaracións do xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil deixan claro que non existe perda de area nas praias coruñesas.
A referencia á perda de area ao longo de toda España é unha referencia que carece de interese cando o que estamos é a tratar a situación das nosas praias.

Outro elemento que resulta curioso no texto é que a Teniente Alcalde reinventa o “uso da praia de inverno”. Durante anos e anos somos moit@s os que estamos a disfrutar da praia ao longo das catro estacións: surfistas, nadadores, paseantes, donos de cans, turistas….centos de coruñeses como para que se esquezan da nosa existencia.
Pero sobre todo intriga unha pregunta: Que quere dicir cando fala de “ZONA DE APARCAMIENTO”?

Non cansamos de denunciar o silencio, as falsas razóns e as malas respostas cos que desde as institucións intentan calar as nosas críticas. Por iso, cada vez ten máis sentido a protesta de mañá venres 26 de marzo, ás 19.00 horas no Obelisco.

O venres 26 de marzo, ás 19:00 horas, protesta no Obelisco

Marzo 24, 2010


Desde o colectivo Defendendo as Praias seguimos a denunciar as obras de recheo das praias que, de xeito escuro e autoritario, levan adiante o Ministerio de Medio Ambiente e Dragados, coa aprobación do Concello e o silencio da Xunta.

Desde hai máis de dous meses estamos a reclamar as razóns reais destas obras, os estudios que as xustifiquen e os informes que preceptivamente se deberían ter feito para que todos- administración e cidadanía- poidamos participar activamente na toma de decisións que afectan de xeito fundamental á nosa cidade e ao noso medio ambiente. O silencio foi a única resposta que tivemos aínda que presentamos escritos seguindo os cauces legais, aínda que pedimos reunións co xefe da Demarcación de Costas, señor Rafael Eimil, aínda que reclamamos a todas as autoridades competentes a colaboración que, dacordo coa lei, teñen que nos dar.

Así que con desprezo ás nosas dúbidas, ás nosas razóns, á nosa oposición esta semana se puxeron coa súa obra, deles, que non nosa, coa súa obra arbitraria. Cuns modos que só se poden describir como autoritarios comezaron a verquer a area de canteira e tinguiron boa parte da ensenada de branco. E daquela nós tivemos que baixar ata a praia para pedir os estudios preliminares que xustifiquen esta actuación (dado que o proxecto inicial non o fai), o proxecto de obra, os estudios de bioloxía mariña, os estudios das consecuencias para as correntes e para a seguridade do baño.

E tivemos que baixar para solicitar o que parece máis razoable: que se paralicen as obras namentras toda a información non se aporta e non se aclaran todas as dúbidas sobre como vai quedar a costa se proseguen as obras.

 E por todo isto, convocamos unha nova protesta no Obelisco para o vindeiro venres, 26 de marzo, ás 19.00 horas.

Hoxe mércores 24 proseguiron as obras de recheo

Marzo 24, 2010


  E con só un día de traballo o mar xa se tinguiu de branco preto de 200metros ata facer do Orzán unha praia do trópico.
Nin Demarcación de Costas nin Dragados dan razóns das obras, nin do xeito de facelas. Nós baixamos á praia- non hai ningún cartel anunciador da obra que, como corresponde, publicite a legalidade da obra- e tentamos falar co xefe de obra. Por suposto, non estaba. No canto del, despois dun rato chegou un home con traxe de Dragados,  hábil na xestión dos problemas e no manexo do paraugas -como demostrou ao levantarllo no aire a un periodista- e máis tarde un grupo de policias locais que non axudaron nada a aclarar a información medioambiental deste proxecto.

Seguimos a protestar a carón das praias e seguimos pensando que non é tempo perdido, senón que hai que continuar a manifestar a nosa disconformidade con esta visión do medio ambiente e do xeito de xestionar o que é de tod@s.

E comezaron, coa supervisión do xefe de Costas, o señor Eimil

Marzo 24, 2010

No día de onte xa comezaron coas obras, sen dar contestación ás nosas reclamacións de información e de cumprimento da legalidade. O mesmo señor Eimil, o xefe da Demarcación de Costas, andou a supervisar o recheo no canto de quedar na oficina a respostar aos nosos escritos. Cando llo recriminamos, negou ter recibido ningún documento, non deu ningún tipo de razóns e liscou para o seu coche.

Vari@s de nós falamos cos obreiros que detivesen as obras porque son ilegais e durante preto de dúas horas, o tempo en que estivemos alí, non fixeron nada, pero pola noite comprobamos que voltaran a traballar (á unha da mañá estaban a remexer a area coa excavadora).

No día de hoxe presentamos unha denuncia contra a ilegalidade desta actuación e continuaremos a esixir a paralización destas obras.

Para o vindeiro venres, 26 de marzo convocamos a unha protesta no Obelisco ás 19.00 horas,  porque estas obras hai que detelas.