Contra a obra de recarga de area nas praias da Coruña

De novo apareceu a noticia de que se vai facer un recheo de area nas praias da cidade e que é inminente. Disque van botar 300.000 metros cúbicos de area para ampliar as praias de Riazor e Orzán xunto cos 15.000 metros cúbicos que van para San Amaro e que a obra vai custar preto de 12 millóns de euros. En tempo, consideran que os traballos van levar uns 14 meses. Nalgúns momentos cando apareceu esta noticia nos xornais, falouse de rexeneración das praias, pero en realidade non é tal. Como Medio Ambiente recoñece, o mar non se está a levar area da praia, os areais non están a perder tamaño. Así que os únicos motivos que ofrecen para as obras son que ao remataren haberá máis espacio, ata 5000 persoas máis poderán chantar a súa toalla na praia. A outra razón que atoparon é a de protexer o paseo marítimo das olas nos días de tormenta. Pero, estas son razóns reais?, estas son necesidades fundamentais?, non hai ningún outro interés en xogo que hai que coidar?

No verán ás veces as praias están chean, pero cantos días son eses? Están a falar en serio cando queren que haxa sitio para 5000 persoas neses poucos días e por iso queren duplicar a dimensión das praias “gañándolle” 30 metros ao mar?. E de verdade que para iso van pechar as praias durante 14 meses?- alomenos ese é o tempo que cren que precisan para acabar o traballo faraónico. Seica van permitir o acceso a algunha zona durante o verán, pero, imos dar cabido todos os bañistas? Por outra banda, o sentido dun paseo marítimo é poder camiñar e, ao tempo, contemplar a beleza do mar e da costa. O sinsentido é modificar ese mar e esa costa para protexer un paseo marítimo que non se construiu ben no seu tempo -as lousas de pizarra que están a romper seguido son bo reflexo diso. E a balaustrada, esa estructura pesada e mal deseñada non tivo que ser reparada noutros puntos a onde non chegaba o mar). Xa que esta é a situación, haberá que buscar alternativas para protexer o paseo sen ter que tocar as praias. Este xeito de obrar deste proxecto baséase na idea de que a praia non é un espazo vivo. A decisión non ten en conta o entorno natural que se creou, aos paxaros, os peixes e as persoas que viven nel e que desfrutan del. Non repara na beleza das rochas que van quedar soterradas, as rochas onde os nenos andan a procurar cangarexos no verán e no inverno as xentes andan a procurara as raiolas do sol. A razón pola que Ecologistas en Acción denuncia esta obra específicamente – e moitas outras deste tipo- no seu informe de Banderas Negras 2009 é porque se trata de medidas que non respetan o medio ambiente, non teñen en conta que as correntes van cambiar, que moita da vida existente vai desaparecer, que non ten lóxica engadir de novo area de canteira. Os efectos son difíciles de evaluar, difícil establecer as consecuencias especialmente cando non res realiza ningún estudio do impacto desta obra.

A situación cáusanos estupor porque o que para nós é evidente, para os departamentos de medio ambiente do concello e do ministerio non o é. A xente que pasea pola praia, os que se paran a tomar o sol nunha rocha, os que se bañan sexa inverno ou verán, os que pasean o can, os que se mergullan, os surfistas, os turistas que veñen sacar a fotografía, todos nós miramos cara ao mar e as rochas e a liña da costa e atopamos algo que atrapa. Aínda que nos carteis que hai nas escaleiras de acceso á praia o concello se gabe da riqueza vital da praia (das algas, das cunchas, dos virapiedras), por moita estatua que se lle adique ás catalinas ou aos surfistas, nin no concello nin en costas saben apreciar as nosas praias do mesmo xeito, porque se non fose así, non poñerían en risco o ecosistema existente. É un verdadeiro luxo ter unhas praias vivas no centro da cidade. Non é unha praia enorme o que se quere, non se quere un Benidorm ou unha Marbella, senón outro mar ben distinto, outra costa, outra praia….. esta que temos.

4 Respostas to “Contra a obra de recarga de area nas praias da Coruña”

  1. Marta Vazquez Says:

    Non se podería facer unha protesta contra o cambio das praias? Se a maioría dos coruñeses se opoñen, non deberían abandonar o plan de ampliar as praias?

  2. MARIA Says:

    Estoy totalmente en contra de que se eche caolín en las playas de la ciudad porque desde luego que terminará con toda la vida que se puede ver simplemente con unas gafas y con un tubo, nadando entre las rocas cercanas al colegio las esclavas, y que son una parte importantisima del ecosistema y del atractivo de este litoral.

  3. concepcion Says:

    estoy en completo desacuerdo,hoy ire a la manifestacion

  4. cristina Says:

    no me gusta como la van a dejar,animo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: