Recheos de area en praias: necesidade ou estafa?

O vindeiro mércores 18 de marzo na A.C. Alexandre Bóveda da Coruña terá lugar unha palestra sobre os polémicos recheos de Riazor e Orzán para combatir os efectos dos temporais. Pasarase tamén o documental “Cambio Climático, o reto do século XXI”.

Todos os anos despois dos temporais de inverno, por certo cata vez máis forte e frecuentes, as administracións “invisten” millóns de € en rechear con area as praias, desaparecidas polo efecto das ondas. E cada vez con máis frecuencia, estas operación deben repetirse sen que ninguén cuestione a súa utilidade e os impactos que provocan.

Para tratarmos desta práctica e contextualizala no marco da mudanza climática global e na suba no nível do mar, ADEGA-Coruña organiza unha palestra na que intervirán o prof. X. R. Vidal-Romaní, director do Instituto de Xeoloxía da UDC e Fins Eirexas, xeólogo e secretario executivo de ADEGA.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: