Archive for Abril 2010

As obras chegan a Riazor

Abril 30, 2010

No día de onte, as máquinas xa estaban a acumular area sobre as rochas que hai aos pés da coraza que separa Orzán de Riazor.

Entrevista en el programa Escribano Palustre, de Radio 3

Abril 26, 2010

Pincha aquí para escucharla.  Comienza hacia el minuto 30:54.

(Escribano Palustre es un programa de Radio 3 (RTVE) que habla sobre calidad de vida, medio ambiente y ciencia).

Resposta insuficiente de Costas

Abril 22, 2010

Nestes días tamén recibimos a contestación (1 e 2)que deu Costas ao escrito que presentamos hai un mes. Se nós plantexabamos varias das cuestións que nos preocupan e pediamos que nos remitise a información completa da obra, como resposta recibimos este documento que responde a poucas das nosas cuestións e o fai dun xeito moi vago. Para nada hai referencia á información á que, ata o de agora, non tivemos acceso.

Xa están a traballar no Matadero tamén

Abril 22, 2010

Estas son as novas que hoxe aparecían no La unión del Orzán y el Matadero abre una nueva fase en la regeneración de las playas e na Voz de Galicia.  Xa había días que unha segunda draga estaba a transportar area.

No día de onte, 20 de abril, xa pecharon a praia do Matadero

Abril 21, 2010

Para que os habituais se vaian afacendo a idea e vai emigrando a outros lados- como xa fixeran ao comezo das obras no Orzán- puxeron vallas nos accesos á praia de Matadero.

E esta era a nova que saiu no Ideal Gallego.

Nova aparecida sobre o Castelo-protesta

Abril 13, 2010

Moita xente quedou a mirar para o castelo e foron tamén moitos os que asinaron a petición de paralización das obras. Pincha aquí para poder ver a nova aparecida no xornal.

Aquí podes ver un vídeo da xornada.

Protestas que continúan porque non nos dan razóns

Abril 10, 2010

Pasa o tempo e ningunha das administracións ás que acudimos- o Ministerio de Medio Ambiente, que inventou o proxecto, o Concello que o apoia e as Consellerías da Xunta que deberían velar polo Medio Ambiente e polos recursos marítimos- nos deron ningún tipo de resposta, ningunha xustificación destas obras. O silencio como forma de xestionar os asuntos para así non quedar pillados con declaracións contradictorias ou absurdas como cada vez que falaron desde que comezamos as nosas protestas. E namentras, o mar segue a tinguirse de branco. Por iso mañá domingo 12 de abril imos protestar de novo no paseo maritímo contra estas obras de recheo que ninguén pediu.