Resposta desde a Área de Medio Ambiente do Concello da Coruña a unha cidadá e contrarresposta

> From: ayto@aytolacoruna.es
> To: —————@hotmail.com
> Subject: 010-Ayto
> Date: Wed, 24 Mar 2010 13:10:31 +0100
>
> En relación con su Petición de Información sobre la aportación de arena en las playas, desde esta Concejalía de Medio Ambiente le informo que, la importancia del relleno de la playa se basa en dos puntos importantes:
> 1) Es un sistema de prevención de riesgos, ante los posibles temporales que se puedan dar en la zona ( como ya sucedió en años pasados). Prevenir que el mar pueda llegar al Paseo Marítimo, como otras veces y de esta manera salvaguardar a los ciudadanos y tráfico de la zona.
> 2) Reposición de arena, por la pérdida habida en estos últimos años por acción del mar. Según estudios del Ministerio de Medio Ambiente se estima en un 20% la pérdida de superficie de arenales en toda España.
> Dentro de este apartado, decir que se incrementaría la superficie del arenal en un 40% aproximadamente mejorando el confort de los ciudadanos, permitiendo su uso también en invierno, como zona de aparcamiento y deportiva.
> Por último, decirle que el relleno de la playa llevaría consigo una disminución del talud actual que se da en la zona intermareal produciendo como efecto una mayor seguridad del bañista.
> Agradezco su colaboración, un saludo,
>
> Nieves Vázquez Novo
> Teniente de Alcalde. Responsable del Área de
> Medio Ambiente, Sostenibilidad y Movilidad.
>

No día de onte unha cidadá recibiu este mensaxe procedente da Teniente de Alcalde, Nieves Vázquez como resposta a unha consulta súa sobre as razóns que motivaron as obras de recheo. Trátase dun texto que merece certas consideracións.

En primeiro lugar, a responsable da área de medio ambiente fala de que se trata dun sistema de prevención de riscos contra os temporais e que a obra vai da unha maior seguridade aos bañistas. Se estas declaracións se basean nalgún estudio, sería interesante que o fixese público, xa que cando nos achegamos ata as oficinas desa área do Concello nos dixeron que non tiñan ningún tipo de documentación. Tamén lle remitimos hai máis de 20 días unha petición de información e de intervención que en ningún momento respostou. Daquela, agradeceríamos se puidesen publicar unha versión dixital deses documentos nos que se basea na web do Concello, de modo que estea a disposición de tod@s @s coruñeses.

Polo momento, nós seguimos a plantexar as mesmas dúbidas, porque non aceptamos o que se está a facer: que Concello e Ministerio de Medio Ambiente dean por incuestionables algunhas afirmacións que despois non se basean en estudios que estean incluidos no expediente da obra. De verdade que a señora Vázquez Novo está en condicións de dicir que haberá máis seguridade para os bañistas? Non haberá cambio de correntes, nin en inverno nin en verán? Pode confirma-lo baseándose nalgún estudio? Ao achegar a liña de costa aos baixos rochosos de Riazor, non perderemos esa forma de protección natural e non resultará máis molesto para os usuarios que queiran nadar sen afastarse da beiramar?

Por que o mar non tirou nunca coa barandilla metálica da Coraza por moito que bata alí o mar e por moito tempo que leve? Nós non estamos a pedir que desde o Concello se faga unha declaración ao respecto dos fallos de construcción do paseo marítimo, senón que o Concello non plantexe problemas falsos e que busque solucións que sexan mediambientalmente válidas. O recheo non o é.

A segunda razón que expón Nieves Vázquez para xustificar os recheos tamén carece de fundamento. Desta volta o propio proxecto inicial, así como unhas declaracións do xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil deixan claro que non existe perda de area nas praias coruñesas.
A referencia á perda de area ao longo de toda España é unha referencia que carece de interese cando o que estamos é a tratar a situación das nosas praias.

Outro elemento que resulta curioso no texto é que a Teniente Alcalde reinventa o “uso da praia de inverno”. Durante anos e anos somos moit@s os que estamos a disfrutar da praia ao longo das catro estacións: surfistas, nadadores, paseantes, donos de cans, turistas….centos de coruñeses como para que se esquezan da nosa existencia.
Pero sobre todo intriga unha pregunta: Que quere dicir cando fala de “ZONA DE APARCAMIENTO”?

Non cansamos de denunciar o silencio, as falsas razóns e as malas respostas cos que desde as institucións intentan calar as nosas críticas. Por iso, cada vez ten máis sentido a protesta de mañá venres 26 de marzo, ás 19.00 horas no Obelisco.

Unha resposta to “Resposta desde a Área de Medio Ambiente do Concello da Coruña a unha cidadá e contrarresposta”

  1. Daniel Says:

    😉 Ben cuestionado; unha obra así hai que xustificala moi ben.

    Pola miña banda aventuro que o do aparcadoiro terá algunha relación coa enchida de auga cando as ondas sobrepasan o bordo do paseo, coma pasa no famoso video, que leva coches e entra a auga ó subterréneo :
    ”Onda destrozando o paseo marítimo”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: