Convocatoria da nova protesta- Sábado 27 de febreiro, ás 12 da mañá en María Pita

Aínda que durante as últimas semanas temos feito pública a nosa oposición aos recheos de area nas praias de Coruña por innecesarios, inxustificados e por ter como única motivación intereses económicos, ningunha das institucións deu unha resposta. Nós expresamos razóns, facemos críticas concretas, reclamamos que se aclaren as indefinicións das últimas modificacións sen obter máis que silencio de parte da administración.
Esiximos que o Ministerio de Medio Ambiente, órgano que proxecta as obras, que o Concello, que ratificou o proxecto e que a Xunta, que ten competencias medioambientais, paralisen as obras.
Os recheos non responden a ningunha necesidade pública expresada por ninguén, nin houbo ao tempo unha participación pública real. Nós agora estamos a expresar unha necesidade concreta da xente: que se respete esta paisaxe, estas costas, estas rochas, estes equilibrios, este mar e o xeito de disfrutar deste entorno como vimos facendo desde hai décadas.
Por iso, decidimos saír á rúa a pasada semana e de novo convocamos á xente para unha nova protesta na praza de María Pita, o vindeiro sábado 27 de febreiro, ás 12 da mañá.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s


A %d blogueros les gusta esto: